A sentenza do Tribunal Constitucional do pasado 16 de outubro, que permite o despedimento obxectivo por ausencias
intermitentes, mesmo sendo xustificadas, xerou unha grande indignación e alarma social. O artigo do Estatuto dos Traballadores que o permite, o 52.d, existe desde 1980, pero foi coa redacción dada pola reforma laboral de 2012 cando se endureceu substancialmente a súa aplicación ao suprimir a referencia ao volume de falta de asistencia total do cadro de persoal no centro de traballo.
Con isto individualizábase totalmente o cómputo que se ha considerar e culpabilizábase a persoa polo feito de exercer o dereito a unha recuperación efectiva no caso de enfermidades de orixe común, entre outros dereitos.
CONCENTRACIÓN
A Coruña
Edificio Xulgados (rúa Monforte)
12:00 h
NON AO DESPEDIMENTO POR ENFERMAR
DEFENDE OS TEUS DEREITOS